CANCELAR
ACEPTAR

porcentaxe de reciclaxe segundo a CE 55 % en 2025, 60 % en 2030 e 65 % en 2035

Luis s seoane 9 de enero de 2019 01:52

segundo a comunidade europea os obxectivos de reciclaxe son do 55 % en 2025, 60 % en 2030 e 65 % en 2035 https://www.efeverde.com/noticias/reciclaje-union-europea/

nestas cifras supón que se inclúen os orgánicos polo que debera subir a porcentaxe de reciclaxe en narón que agora non se recicla como compost

segundo datos de 2016 do propio concello de narón (PLIEGO DE PRESCRIPCIONES TÉCNICAS PARTICULARES QUE HAN DE REGIR LA CONTRATACIÓN DE LA PRESTACIÓN DE LOS SERVICIOS DE RECOGIDA DE RESIDUOS URBANOS Y LIMPIEZA VIARIA EN EL CONCELLO DE NARÓN  páx 2)

recóllense en narón 13.686.500 kg de resto, 497.460 kg de envoltas, 491.900 kg de vidro, 345.810 kg de voluminosos, 635.000 kg de papel / cartón

o total de lixo recollido foi de 14 766 246 kg

o total de lixo reciclado (recollida selectiva) foi de 1 970 170 kg

a porcentaxe de recollida selectiva/reciclaxe foi do 13,34% en 2016

se o obxectivo da CE para 2025 é do 55% ao concello de narón fáltalle o 41,66%

estamos en 2019, ten o concello de narón 5 anos para acadar esa porcentaxe, hai que subir un 8,33% anual (lineal) a reciclaxe ata o 2025

pero partimos dun 13,34%, pode o concello de narón incrementar a reciclaxe nun ano ao  21,67%? Cómo pensa o concello de narón facer isto? No prego de condicións non se fala de porcentaxes de recollida selectiva nin se mencionan os obxectivos da CE. Estas porcentaxes son por lei. O concello de narón pode ser sancionado se non se acadan esos obxectivos. Tamén pon no texto que a concesionaria do servizo pode quedar cos cartos que se obteñan ca venda dos materiais. Son 270 000 euros ao ano actualmente (pax 90)

Podería ser boa idea pasar esas porcentaxes á concesionaria e que as asuma como propias, vai cobrar por elas. Os veciños de narón temos que acadalas.

 

 

 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo