CANCELAR
ACEPTAR

Propostas

PAtricia Fernandez Perez 26 de diciembre de 2019 14:15

O horario será flexible, é imposible escoitar as demandas de todos os usuarios por que se tería unha auxiliar para cada usuario. Debería ser por franxas( mañá mediodía tarde e noite) e dependendo das tarefas asignar unha franxa.

A organización do servizo debería ser unha tarefa do coordinador, non se pode esixir que non se rote ó persoal tendo en conta o rural e tendo en conta o desprazamento. E absurdo que se marque que non se realizarán cambios de auxiliar. Pidenlle eso os centro de saude cos enfermeiros ou médicos??? e increíble. A xestión dun servizo así tan complicado ten que ter facilidades e non complicalo máis aínda. Por un lado piden aumentar a xornada do persoal existente pero non dan flexibilidade horario nin rotación do persoal, como pretenden conseguilo entón???

Servizos exclusivos de limpeza non deberían existir, que se usan os cartos publicos para pagarlle a alguen unha auxiliar cualificada que  lle vaia limpar? se so quere limpeza que se pase o seguinte da lista que seguro o precisa para atencións basicas mais urxentes

Substitucións inmediatas??? se alguen ten un accidente de trafico e nadie avisa??

Deberían esixir  o persoal que marca o convenio, o soldo, as gardas, etc sen mais. Non solo centrarse no persoal auxiliar, tamén no persoal de coordinación e auxiliar de coordinación

Esixen 1 coordinador con disponibilidade telefonica, eso é ilegal, estar permanentemente dispoñible as 24h os 365 dias.

Os usuairos deberían pagar por as horas concedidas o mes independientemente que estén no hospital ou de vacacións ou que teñan médico, o persoal auxiliar reservase para eles, así coma o horario, non é xusto que se reserve un horario e unha praza sen custe ningun

Realizar unha visita de presentación cada vez que cambia unha uaxiliar e unha autentica locura( vacacións, baixas, días propios, citas medicas) e se ocorre un sábado, festivo ??? dar prioridade a presentar a un profesional antes ca a outras cousas e unha ignorancia supina. O importante e que  o persoal saiba onde vai e que tarefas ten que facer. as presentacións fanse cando se poden, priorizar esto e de alguen que non sabe como funciona o servizo.

servizos de sábados, domingos e festivos unicamente deberían ser usuarios grados III e que non conte con apoios reais. O resto están no domicilio porque ou ben disfrutan de autonomía ou ben conta con coidadores ,o saf e un apoio e os coidadores son os responsables do coidado

 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario

Localización

Rating del lugar
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo