CANCELAR
ACEPTAR

Proposta 1

Alberto Garrido Guimarey 27 de diciembre de 2019 16:14

No apartado a) do punto 8  “Medios materiais necesarios  determínase que se debe de contar cun teléfono de atención directa para os usuarios, o cal será atendido como mínimo durante as franxas horarias de prestación do servizo fixado no Prego, e que en todo caso, a persoa coordinadora do servizo contará cun teléfono móbil para contacto permanente durante o período de atención do servizo, é dicir de 7:00 a 22:00. Este requisito que é común a todos os Pregos e en servizos que contan cun só coordinador, ¿preténdese que o traballador estea  localizable e dispoñible 15 horas ao día durante 11 meses ao ano? , ¿E agora fálase ademáis de facer servizos nocturnos? Aínda contando cos 3 coordinadores, supéranse as xornadas laborais anuais de cada un deles con fartura. Cabe lembrar que o Convenio establece que a dispoñibilidade é voluntaria.



No apartado a) de persoal Técnico do  punto 5 “Medios persoais na prestación do Servizo” establécese que para a correcta coordinación do servizo  a empresa adxudicataria asignase a unha persoa de entre os traballadores sociais, o exercicio do cargo de persoa coordinadora coas funcións propias de calquera coordinador recollidas xa no Convenio, con algunha que outra modificación. ¿Qué se pretende dicir con isto?  ¿Qué un dos 3 coordinadores encargaríase desas funcións, daquela os outros 2 non as teran, e que esta persoa encargaríase da realización das visitas de seguimento bimestrales de todos os usuarios do servizo? Se esta é a pretensión, soamente con este labor non podería exercer as outras funcións que se lle encomendan. Aproximadamente 10 visitas ao día de luns a venres, o que supón que o día que o dedique a outra das funcións encomendadas tería que visitar a 20 usuarios ao día seguinte e así sucesivamente, logo non se cumprirían as visitas e a elaboración dos informes ,o que indica que non se coñece o funcionamento destes servizos.

 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario

Localización

Rating del lugar
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo