CANCELAR
ACEPTAR

Proposta

Alfredo Carrodeguas Fernandez 31 de diciembre de 2019 14:29

O prego ten varios puntos mellorables dende o meu punto de vista, tal e como comentan os participantes neste espazo habilitado polo concello, o cal é de agredecer porque é indicativo de que se quere mellorar o SAF.

O primeiro punto sería non prefixar horarios de usuarios. Deste xeito a empresa non poderá mellorar as condicións das auxiliares,  evidentemente porque aínda que estas dispoñan de franxas horarias libres, a empresa verase na obriga de incorporar persoal para atender a petición horaria prefixada polo concello/usuario.
No apartado dos membros do equipo técnico, é importante delimitar claramente as funcións de cada un dos membros de xeito realista. Se se pretende dar un servizo de calidade, este terá que contar co persoal e categorías en número proporcional ó crecemento do servizo que se especifica no convenio. Esas figuras son os coordinadores, axudantes de coordinación, administrativos, etc. O concello debería obrigar á empresa a incorporar o persoal necesario sen obviar ningunha de ditas figuras. 
Nos servizos nocturnos deberían especificarse as situacións especiais porque hai outros recursos mais axeitados (residencias).
No apartado das substitucións de auxiliares, nos servizos de SAF sempre se pretende dar unha resposta rápida, pero por desgraza, poden pasar moitas circunstancias que o impidan. Non se debe impoñer e penalizar este feito porque moitas das coberturas ocorren fora do horario de oficina. 
 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario

Localización

Rating del lugar
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo