CANCELAR
ACEPTAR

Narón, cidade que camiña

BNG Narón Comisión Urbanismo 27 de mayo de 2021 10:31
Somos veciñas e veciños do noso concello que estamos desde hai tempo na comisión de urbanismo do BNG de Narón que se creou para termos un espazo que busque un modelo urbano para todas e todos na nosa cidade. Ademais nel temos persoas técnicas e outras persoas a man que tamén nos asesoran. Agora a lei di que temos que ter un PMUS e é tamén unha oportunidade para mellorar como cidade. Imos ir subindo ideas á plataforma porque, até o de agora, é o espazo de participación que temos para poder facer propostas  calquera persoa, colectivo, asociación sobre este tema e porque entendemos que a participación cidadá é un valor en si mesmo no que todas e todos temos o dereito a sumar. Promover un punto de encontro aberto e tamén ler e escoitar as opinións que van chegando ou os debates que se poidan crear sempre é positivo. Narón ten que ser un concello amábel onde o espazo público se coide como ben de primeira necesidade, como a educación e a sanidade xa que é o espazo onde todas e todos podemos ser iguais. Por iso traballamos e poñemos o noso tempo voluntariamente na comisión e nas ideas, para poder transformar a realidade cara un futuro sostíbel, inclusivo e dinámico economicamente. Comezamos coa idea forza nº 1:

1. 
Narón, cidade que camiña

1A- Implantar no casco urbano un sistema intermodal de prioridade peonil:
          1º Os peóns (as persoas)
          2º A bicicleta
          3º O transporte público
          4º O coche privado

1B Adherirse á Rede de Cidades que Camiñan
          web: https://ciudadesquecaminan.org
(as nenas e nenos de Narón, as persoas maiores, con mobilidade reducida e por tanto todas e todos sairemos gañando)

1C Elaborar un metrominuto para Narón (máis de 60 cidades e vilas da Península teñen xa o seu metrominuto e a nivel internacional cidades como París, Amsterdan ou a polaca Poznan - entre outras - tamén o teñen )
         Ex: https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/grupos-de-trabajo-y-seminarios/movilidad-infantil/anton-prieto_tcm30-169442.pdf  

1D Nas rúas de entorno urbano:
         Plataforma única
         Mobiliario que fomente a vida na rúa
         Xogos para nenos e nenas cada certa distancia
         Coidar os temas de accesibilidade sempre













 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo