Idea nº2 . Nucleando o rural

Sempre falamos da importancia de cohesionar o rural e urbano, de que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e servizos vivan onde vivan. As persoas que conformamos a comisión de urbanismo do BNG así cremos que ten que ser mais para iso, ademais de contalo e pedilo, cómpre actuar. Nós temos proxecto e modelo e sabemos que se pode conseguir. Propoñemos, desta maneira, a nosa idea nº2 de Mobilidade para Narón:
2A- Crear núcleos de centralidade nas parroquias rurais que fomenten a mobilidade e convivencia.
Temos un rural bonito, capaz de producir case de todo e que ten dereito a servizos e lugares seguros de convivencia para todas as idades. Dotar de actividades culturais programadas, promover e colaborar coas entidades propias do rural e dotar periodicamente de servizos administrativos e sociais estes núcleos (que as persoas non se teñan que desprazar ao concello para calquera cousa se non que o concello se achegue ás parroquias) son prioridades para que todas as persoas teñamos cerca o que precisamos.
Exemplo de centros parroquiais: https://cutt.ly/rnopcnh
https://cutt.ly/HnopRR2
Ademais hai que crear unha rede de sendeiros e camiños que mellore a comunicación de servizos interparroquiais e equipamentos. Farase prioritariamente sobre camiños e corredoiras antigas xa existentes (só para mobilidade non motorizada)
É preciso utilizar materiais nobles nas actuación no rural (pedra, madeira de calidade) e facer as comunicacións seguras e amábeis, accesíbeis. Nisto en Narón temos que ser quen de colaborar entre administracións e, tamén desde o concello, asignar un plan que dote orzamentariamente un proxecto no que se actúe en diferentes vías. Crearanse 3 tipos de vías:
* Uso prioritario peonil. Crear contornas no que o vehículo non impida que as persoas se movan seguras, poidan achegarse andando a calquer lugar da parroquia. Que o vehículo privado, necesario para desprazarnos tamén no rural (ante a falta doutro transporte ou servizo deficiente) sexa un elemento máis pero nunca un impedimento para a seguridade.
* Uso compartido en plataforma única.
Exemplo de obras con este fin no rural galego: https://cutt.ly/enoacaS
* Vías de tráfico segregado

2B- Espazos humanizados, seguros, con servizos, actualizados urbanisticamente e dotados de material urbano
É preciso utilizar materiais nobles nas actuación no rural (pedra, madeira de calidade) e facer as comunicacións seguras e amábeis, accesíbeis. Nisto en Narón temos que ser quen de colaborar entre administracións e, tamén desde o concello, asignar un plan que dote orzamentariamente un proxecto no que se actúe en diferentes vías. Crearanse 3 tipos de vías:
* Uso prioritario peonil. Crear contornas no que o vehículo non impida que as persoas se movan seguras, poidan achegarse andando a calquer lugar da parroquia. Que o vehículo privado, necesario para desprazarnos tamén no rural (ante a falta doutro transporte ou servizo deficiente) sexa un elemento máis pero nunca un impedimento para a seguridade.
* Uso compartido en plataforma única.
Exemplo de obras con este fin no rural galego: https://cutt.ly/enoacaS
* Vías de tráfico segregado
As parroquias do rural son parte do noso concello olvidada por parte do goberno municipal, adícanse a cambiar luces e tapar baches, pero hai outras moitas cousas necesarias como trasladar ás parroquias a cultura e o deporte, actividades para todas as idades que creen grupos de convivencia, e non centralizar todo no Pazo da Cultura ou no Auditorio obrigando deste xeito á veciñanza a trasladarse e a ter coche propio xa que o transporte público é moi deficiente desde o rural ata o urbano.
A conexión entre o rural e o urbano, adecuar as vías que antes eran corredoiras a que sexan camiños por onde percorrer as parroquias a pé, sin ter que ir polas mesmas vías que os coches xa que estas non están adaptadas para convivir peóns e vehículos, son estreitas e sin beiravías