CANCELAR
ACEPTAR

Idea nº5 Espazo de convivencia Urbana

BNG Narón Comisión Urbanismo 3 de junio de 2021 10:22
  • A convivencia ten que ser un ben en si mesmo pero para iso Narón tense que volver amábel para as persoas de todas as idades. Se conseguimos que os nenos e nenas, persoas maiores e as persoas con capacidades distintas teñan o seu espazo a compartir coas demais, teremos un espazo para todos e todas. Para iso reforzaremos diferentes cousas concretas:

  • 5A-Zona 30 para asvías urbanas e zona 20 para as zonas de coexistencia peón - vehículo

    Crear núcleos de centralidade nos barrios, restrinxindo o tráfico motorizado desas zonas a residentes e servizos. Crear vías de comunicación entre eles. Os núcleos de centralidade son:

    1. Praza da Gándara para o barrio da Gándara

  • 2. Avda. da Solaina para Santa Icía

  • 3. Entorno do concello - Biblioteca, praza de Galiza, parque de Chafarís para o Alto

  • 4. Praza do antigo concello para Xuvia

  • 5. Praza de Álvaro Paradela para Freixeiro e Piñeiros

  • 5B- Estacionamentos disuasorios nos barrios. Puntos de recarga eléctrica neles para vehículos.

    5C- Crear contornas e espazos seguros ten a ver con moito elementos a ter en conta. Dividimos 5 grandes grupos que se completarán coa idea número 6:

    1. Arte. As paredes poden falar e o feísmo transformarse. Os murais e a arte como elemento que desenvolve sentimento de pertenza, pode honrar a nosa memoria histórica e eleva a paisaxe urbana a arte.

  • 2. O comercio. Centros comerciais abertos. O comercio e as pemes son espazos que, se están en convivencia e forman parte dos barrios e parroquias satisfacen necesidades esenciais (como puidemos comprobar na pandemia) e aseguran a vida e a continuidade dun barrio ou parroquia. Unha función esencial sobre todo nas zonas rurais. Promover e reforzar o comercio local de todo tipo e o traballo emprendendor é necesario 

    3. Funcional. O mobiliario urbano para usos esenciais e cotiás: descansar, beber auga, ir ao baño, papleiras.... todo isto é necesario pero tamén mobiliario para usos festivos e lúdicos coma os picnics, os hortos, rutas culturais e naturais, posta en valor do patrimonio inmaterial. Xogos para ciranzas cada pouca distancia. Espazos alternativos para a mocidade. Prazas pensadas para todas as idades no medio da cidades, do comercio, non expulsar ás persoas a parques ou lugares concretos se non unha mobilidade amábel sempre.

  • 4.Mobilidade activa. As mobilidades peonís dan tamén lugar á convivencia entre as persoas que se atopan.

  • 5.A natureza. Elemento esencial da calidade de vida, a súa presenza é necesaria e tamén educativa, social e pon en valor o noso lugar, o espazo que compartimos como cidadás. Xardíns verticais, sendas verdes, recuperación da contorna dos ríos que pasan por Narón, hortos urbanos e promoción da biodiversidade entre as comunidades educativas e entidades sociais.

     

 
comentario
(1)
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
avatar
Matilde L.D.15 de junio de 2021 11:50

Moi interesante. Sobre todo o do comercio. Non entendo como todavía Narón non aposta polos centros comerciais abertos, as zonas 20 para que a xente poida ir dun lugar a outro sen ter que buscar un paso de peóns e por que non temos unha praza de abastos para os produtores da comarc... logo din que somos unha cidade.

Responder
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo