CANCELAR
ACEPTAR

Idea nº8: Patrimonio e Natureza que nos unen

BNG Narón Comisión Urbanismo 8 de junio de 2021 10:25
8A- Adquirir desde o concello e integrar edificio históricos que se atopan no medio da cidade. A adquisición levará un uso para prestar servizos e dinamizar unha zona, ao tempo que abrir zonas para a circulación de persoas que camiñan. Un Exemplo: a adquisición do edificio de Chamorro (1931) na Estrada de Castela permitiría:
- Abrir unha zona verde e de lecer  no corazón da estrada de castela nunha zona que so hai edificios
-   Facilitar a conexión A Gándara - Sta Icía
-  Derribar os muros de rúas sin saida coma a Xoana Torres
- Dar un uso social a un edificio senlleiro de Narón
- Crear unha zona de humanizacion e convivencia na estrada de castela, exemplo hospital de Pontevedra, Torrente Ballester en Ferrol, Casa da Cultura na Praza de Galiza, etc
8B-  Adquisición ou alugueiro mediante convenios a 25-30 anos de edificios históricos no centro da cidade para recuperar o seu valor patrimonial e que permitan abrir novas zonas e humanizalas para o goce da veciñanza gañando espazo na rúa de Castela para as persoas e ao tempo eliminar rúas sen saída.
8C-  Creación dunha rede de sendeiros e camiños que melloren a comunicación de servizos interparroquiais, equipamentos e en algún caso coa cidade compacta. Farase prioritariamente sobre camiños e corredoiras antigas xa existentes. (Só para mobilidade non motorizada)
8D- Reparar e mellorar os accesos do camiño de Santo André de Teixido (que comeza no Mosteiro do Couto de Xuvia e percorre parroquias do noso concello) e o Inglés, así como cartelería e accesibilidade das rutas e sendeiros que o concello inaugurou hai tres anos.



 
comentarios
(2)
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
avatar
Matilde L.D.15 de junio de 2021 11:51

Ánimo! que se seguides loitando gañamos todos. Gracias

Responder
avatar
Marta Grandal18 de junio de 2021 13:52

Por que sempre nos lembramos dos edificios que forman parte da nosa historia cando a única solución que queda para mantelos xa é derrubalos? Narón tamén ten historia, ten un muíño de mareas, o muíño de Xuvia, o Mosteiro do Couto, etc... polos cales se debe de preocupar o concello e conservalos podendo darlles moitos usos como museos, usos sociais, etc... É unha mágoa que acaben coma a casa do antigo concello que moitas veciñas non saben nin cal era e que a día de hoxe xa tivo que ser derrubada polo estado tan lamentable ao que chegou

Responder
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo