CANCELAR
ACEPTAR

Idea nº9: EDUCACIÓN E DEPORTE

BNG Narón Comisión Urbanismo 10 de junio de 2021 11:47
9A- DEPORTE
- Crear un día da educación física na rúa en Narón. Deportes para todas as idades nos barrios e parroquias. Actividades deportivas ao aire libre decididas coa participación de escolas e entidades promovendo o benestar físico, psíquico e social.
- Paneis informativos de práctica deportiva no espazo público
- Encontros na rúa que transmitan e promovan os valores que a actividade física axuda a potenciar (esforzo, superación, cooperación, empatía) e promover a necesidade dunha maior actividade física.

- Incluír ao servizo de biciletas tamén o servizo de bicicletas eléctricas
- Orzamentos participativos con entidades e asociacións deportivas para o espazo público (ademais de acordos, convenios ou subvencións para a súa práctica deportiva) que valga para ter en conta a perspectva deportiva no espazo público que compartimos
- Rúas onde o deporte sexa unha parte máis. Non desprazar a actividade deportiva a espazos pechados ou parques alonxados se non que poidan compartir espazos nas nosas prazas ou lugares en desuso para diferentes maneiras de facer deporte.
- Crear o ciclando: rúas de prioridade ciclista e carrís bici nas parroquias e barrios a través de diferentes convenios coas administracións que xestionen os diferentes viais
- Promover unha ruta deportiva SEGURA para paseo e runners
- Turismo deportivo: Narón é unha potencia no deporte de base. Colaborar con diferentes entidades para marcar distintos proxectos que valgan para acercar a Narón na práctica, coñecemento e posta en valor de todos os nosos deportes e que valga para achegar xente doutros lugares e coñecer a nosa cidade.
- Narón cidade cardioprotexida: crear un mapa de desfibriladores en todas as instalacións deportivas e edificios públicos do concello

9B- EDUCACIÓN
Representatividade: relacionada coa participación nas decisións urbanas. Tendo en conta sempre a historia , a memoria e fundamentalmente que se valore e visibilice a historia do barrio ou parroquia, da importancia da comunidade ou tamén pensada en familias, en maternar e a aportación fundamental que se lle fai á sociedade
Cultura: que a cultura chegue a todos os barrios e parroquias. Poñer en valor a nosa propia cultura , patrimonio material e inmaterial e historia. Crear actividades culturais de calidade no rural e no urbano, no espazo público: museos de rúa, exposicións itinerantes de calidade, teatro, concertos, cinema.
- Festival de expresión cultural (audiovisual, musical, escultórico e/ou pictórico, arte urbana, movementos alternativos...) Estudar propostas e apostar porque Narón teña o seu propio festival artístico que nos poña como lugar de referencia.
- Crear feiras para que as asociacións e entidades do concello poidan dar a coñecer a súa actividade e promover os seus produtos. Feira que valga de punto de encontro para crear comunidade
- Crear orzamentos nos que as asociacións veciñais poidan participar a través de exposición pública de propostas nos seus barrios e parroquias onde calquer veciño e veciña poida expresar a sua opinión, votar. A exposición de propostas terá carácter bimestral e valerán para complementar orzamentos municipais facendo partícipe á veciñanza, dándolle a coñecer as posibilidades das propostas e custes reais e responsabilizando á comunidade cunha participación directa e real
- Áreas lúdicas móbiles. Mediante o uso de colectores móbiles con libros, xoguetes para nenos e nenas. Recuperar espazos públicos desaproveitados. Crear rúas para xogar e aprender

 (imaxes tomadas por nós)

 
comentarios
(2)
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
avatar
ASCM ASCM17 de junio de 2021 11:00

Nas actividades deportivas debe de terse en conta as actividades de forma inclusivas, pensadas para todas as personas. O deporte adaptado tamén existe.

Responder
avatar
Marta Grandal18 de junio de 2021 13:29

Educación, cultura e deporte na rúa para todas as idades, sin exclusión por condición social ou de ningún outro tipo, inclusivas... sería un xeito de darlle vida a todos eses espazos públicos que moitas veces están baleiros ou que non permiten a convivencia de toda a veciñanza nos mesmos, se nón que nos excluén por diversas razóns como simplemente pode ser a cultura ou a idade

Responder
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo