CANCELAR
ACEPTAR

Idea nº10: Narón para todas as idades

BNG Narón Comisión Urbanismo 13 de junio de 2021 22:46
Narón é un concello pensado, a día de hoxe para ir da casa ao traballo en coche e do traballo a cada. No medio parar a tomar algo e seguir o desprazamento en coche e no medioalgún parque infantil ou bancos para sentarse, parqus infantís pechados e vixiados nos que concentran columpios cada vez máis modernos pero no que cando saes desas contornas a cidade volve non ser para nenos e nenas, persoas con mobilidade reducida ou maiores. Mudar para que todxs poidamos compartir espazo é preciso seguir o decálogo das nove ideas anteriores e traballar coas persoas técnicas necesarias e tamén algunhas destas propostas (temos moitas máis).
- Que as zonas de xogo infantís ocupen rúas de prioridade peonil. Xogos no chan (mariola, liñas de carreiras, etc)
- Elementos que permitan interaccionar coa natureza
- Camiños escolares realmente seguros tanto no rural como urbano
- Elementos que valgan para aprender, coñecer, descubrir e divertirse. Explicacións interactivas e outros elementos que se poidan tocar 
- Que a mobilidade sexa transversal en todas as áreas do concello para que non consista en pór “parches”. Para que se teñan en conta en cada edificio público, rúa, escola, cando se proxecta calquer reforma nun barrio, calquera actividade cultural. 
- Dous compoñentes moi importantes son a educación e a cultura para concienciar da necesidade de mudanza para o presente e futuro
- Unha mobilidade sostíbel vai en consonancia con coidar o medio ambiente. Ex: limpeza e actuación sobre o río de Santa Icía/Freixeiro sería a mellor maneira de acabar coa praga de ratas e mellorar os nosos ecosistemas naturais.
- Un Narón accesíbel fai que todos e todas esteamos presentes na rúa. Ex: Narón non ten ningún semáforo sonoro para persoas con discapacidade auditiva


Todo isto somos conscientes que se consegue con valentía. Narón está a décadas de moitos concellos e non con pequenos xestos solucionamos o problema. Narón segue a ter moitísimos impedimentos para moverse con seguridade e non temos sequera unha rúa peatonal, un centro comercial aberto que promova o comercio local, as marquesinas seguen sen ser accesíbeis, as beirarrúas, os/as runners corren pola estrada por non ter espazos ou os apeadeiros do tren están alonxados das zonas nas que vivimos.
Precisaríamos plans directores para cada barrio e parroquia.
Un apartado merece o rural: abandonado a súa sorte en saneamento, infraestruturas, plataforma única e, sen perspectiva de atender as súas demandas.
Na zona urbana, seguimos a precisar o vehículo privado (coma no rural). non atendemos tampouco os nosos edificios históricos e deixamos que por exemplo, Xuvia que foi anosa sede e pola que pasa o camiño inglés e de Santo André, non teña tan sequera un posto de información turísitca que fale dos muíños, da nosa historia.
Queremos e cremos que o Plan de Mobilidade vai ser unha oportunidade pero para iso fai falta que escoitemos, queramos aprender e que o concello teña a valentía política para transformar o mellor Narón que van desfrutar os nosos nenos e nenas. Porque ademais isto potenciaría a economía, o noso comercio e emprendemento e tamén a nosa saúde. Outro Narón é posíbel, un Narón no que soñar e cumprir os nosos soños. Comecemos da mellor maneira con ideas, proxecto e ilusión, sabemos que os concellos BNG son exemplo do modelo a desenvolver e nós queremos ese modelo para Narón.
(A imaxe (un exemplo +) foi tomada na vía do tren en Freixeiro, exemplo do tempo de demora en porlle solucións aos problemas pero onde se debe actuar non só para o paso da vía, se non nas rúas da contorna para unha mellor mobilidade de toda a veciñanza)

 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo