CANCELAR
ACEPTAR

O rural ten que incluírse no Plan de Mobilidade de Narón! (PMUS)

BNG Narón Comisión Urbanismo 15 de agosto de 2022 12:25
A nosa primeira proposta é obvia: o PMUS esquécese de incluír as zonas periurbanas e rurais no plan e a mobilidade e para o BNG non se pode entender un plan de mobilidade e sostíbel no que se priorice o espazo público para as persoas excluíndo parte da poboación de Narón. Comprobamos como no texto por encargo do goberno municipal de Narón as parroquias non aparecen no PMUS. Consideramos que unha parte tan extensa do territorio é esquecida moitas veces debe ser integrada no plan: hoxe xa son as zonas máis ailladas, con menos servizos e mobilidade máis precaria e, ademais, cunha media de idade máis avanzada que precisa medidas específicas. Para que o lema do concello das "persoas primeiro" sexa unha realidade e non só un slogan, para termos un Narón de todos e todas todo o concello ten que ser atendido en igualdade de condicións. Para isto, volvemo propoñer as nosas propostas que xa incluíramos no proceso de participación do PMUS hai uns meses:

https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/7231

Unha medida moi necesaria é que o concello financie transporte comunitario conveniando con taxis de Narón para que as persoas do rural poidan acceder ao centro de saúde e barrios con servizos administrativos, bancos, etc. Ademais, as contornas do rural deben ser seguras. Hoxe por desgraza, a falta de acordos con outras administracións fan que estradas como as do Feal, San Xiao, estrada a Valdoviño sexan un perigo para os veciños e veciñas. 
Poñemos unhas imaxes como exemplos de patrimonio e rutas a mellorar, así como de reunións mantidas pola comisión do bng para consensuar propostas porque, as nosas parroquias, teñen que ser lugares de convivencia onde o concello invista en actividades que promovan a vida veciñal. As asociacións do rural son activas e moitas veces suplen a falta de servizos que ofrece o concello e, ademais,  son organizadoras de acitividades, festas, etc. O noso rural está cheo de potencialidades e ten que ser un reclamo para todas as veciñas e veciños do concello, que vexan no noso rural un lugar para estar e tamén gozar, para encher de vida mais, para iso, é preciso que se catalogue e manteña o patrimonio material e inmaterial, investir en mantemento nas áreas recreativas, descanso e manter rutas de sendeirismo e ocio seguras todo o ano. Hoxe o concello ten un problema de mantemento claro e de accesibilidade na meirande parte destas contornas.





 
comentario
(1)
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
avatar
Marta Grandal18 de agosto de 2022 15:26

Como veciña que fun do rural, da parroquia de Doso, e persoa que segue disfrutando do mesmo cada vez que pode, teño que dicir que cada vez máis o goberno municipal esquece que unha gran extensión deste concello pertence ás parroquias do rural. Eu lembro que tiña transporte público para poder chegar ao centro de saúde, aos institutos, para poder ir ao que coñecemos como Narón urbano... mais todo isto se deixou escapar, hoxe en día escasean os servizos de buses, de tren de cercanías, etc... Ademáis de todo isto centralizáronse moitos servizos, deportes, cultura... na zona urbana e para poder acceder desde o rural a todo isto as veciñas e veciños precisan vehículo propio. NON se esquezan que o rural forma tamén parte de Narón...

Responder
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo