CANCELAR
ACEPTAR

Un plan para todo Narón. Conexión XUVIA e PARROQUIAS. Conexión A Solaina, O Alto, A Gándara, O Couto

BNG Narón Comisión Urbanismo 15 de agosto de 2022 14:00
A cidade dos 15 minutos (dos dez minutos incluso en Narón se se fan ben as cousas) pode ser unha realidade. Isto significa que cunha boa planificación os barrios de Narón poden ofrecer aos veciños servizos que andando estean a dez miutos máximo e que non teñamos necesidade de ter que usar o coche para todo (como agora si fai falla en Narón) . Temos que crear contornas seguras para tal fin e, gañar así, saúde e benestar para todos e todas. Isto non acontece cun barrio concreto e a que foi sede municipal.  Xuvia queda afastada do resto do centro urbano polo que a cidade dos 15 min ten que ser con dotación de servizos no que é o noso centro histórico. Para isto o concello debe ter unha oficina administrativa no barrio e que valga para conectar parroquias que teñen unha conexión natural con Xuvia: San Xiao, Doso, Pedroso, Sedes... e facer que "a cidade dos 15 minutos" que se promove como acaída pola ONU (organización das Nación Unidas) sexa unha realidade para TODO Narón. Ademais Freixeiro e Piñeiros serían barrios que sairían beneficiados de contar co centro administrativo no Alto e tamén en Xuvia. Todas e todos os veciños gañariamos.

Tamén é preciso que se atenda as necesidades específicas do Val, San Mateo de Trasancos e Castro para conectarse coa zona urbana de maneira axeitada tanto para os barrios do Alto (centro administrativo de Narón) como a Gándara, A Solaina, Virxe do Mar, Freixeiro, Piñeiros, Xuvia e resto de parroquias. Unha medida que compre xa é dotar de uso e servizo o antigo centro de saúde de Narón. Situado nunha zona privilexiada e que valga para dar servizos non só asociativos se non tamén como conexión coa biblioteca municipal e lugar de ocio da mocidade.

Así, No plan de mobilidade proposto polo equipo redactor tratan adentrar a Narón nas boas prácticas das que nos afastamos durante décadas. Para o BNG, formar parte das "cidades que camiñan" era unha das nosas propostas claves no proceso de participación anterior. A aprobación dunha moción do BNG (link: https://cutt.ly/rXa7ezi )fixo que isto hoxe sexa unha realidade o que nos permite aprender das mellores propostas e cidades dunha entidade que promoveu (no seu inicio) o concello de Pontevedra (o alcalde de Pontevedra Lores é o presidente de cidades que camiñan) e que agrupa difentes municipios de toda a Península, con exemplos galegos dos que aprender moito para Narón como Carballo (link: https://cutt.ly/lXa72pG ) . Isto levou a contar cos primeiros "metro-minutos" do concello que se fixeron entre educación viaria e os colexios que esperamos os mellores dos éxitos. Os metro - minutos tamén é unha reclamación continuada nosa nesta lexislatura e que estamos a un paso de conseguir na súa totalidade.
Poñemos unhas imaxes que son mostra disto e que se pode consultar cos mapas achegados polo equipo redactor do plan. 
 
comentarios
(2)
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
avatar
Matilde L.D.16 de agosto de 2022 11:54

Propostas concretas e necesarias. Hai que diversificar servizos e non centralizalos todos... e o centro de saúde vello dotalo de uso

Responder
avatar
Marta Grandal18 de agosto de 2022 15:30

Que boa idea esta de achegar os servizos á veciñanza, ademáis de facer uso dos edificios abandonados ofrecéndollos ás naronesas e naroneses para que poidan facer uso das instalacións... todas as actuacións posíbeis antes de deixar que os edificios que forman parte do noso concello teñan que ser derribados

Responder
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo