CANCELAR
ACEPTAR

Partido Popular: estradas Provinciais na zona Urbana de Narón.

José Francisco Faraldo Rodríguez 16 de agosto de 2022 17:02

O Concello de Narón padece un grave desorde urbanístico xerado por unha deficiente planificación. Así, nas últimas décadas foise establecendo un auténtico núcleo urbano entorno á Estrada de Castela e fíxose o mesmo nalgúns barrios pero sen promover un crecemento sostible e ordenando e carecendo dun plan municipal de accesibilidade dirixido a erradicar as barreiras arquitectónicas e mesmo de comunicación entre barrios e zonas próximas do concello que non se tiveron en conta na fase de crecemento exponencial das vivendas que padeceu o no noso concello. Como resultado diso, atopámonos agora con auténticas barreiras que limitan a comunicación entre barrios, comunicación que debería ser un servizo básico para a veciñanza. A rede viaria dun concello é esencial para o seu desenvolvemento e crecemento porque é o único medio que permite o movemento das persoas e mercadorías e que, ao mesmo tempo, favorece poder ter un crecemento sostible no tempo. Grazas a rede viaria é posible satisfacer as necesidades básicas de educación, traballo, alimentos, saúde.Os investimentos insuficientes, a escasa planificación e a desastrosa ordenación urbanística levada a cabo polas administracións na rede viaria do concello teñen consecuencias graves para economía e o benestar social do municipio e, por iso, nun Plan de Mobilidade Urbana Sostible deberían ser tidos en conta o estado e as características peculiares deste tipo de vías. Resulta evidente que, por mor do seu trazado e tras o crecemento urbano experimentado polo concello, funcionan a modo de travesías ou mesmo como rúas tanto polo casco urbano como polos diferentes barrios. As súas particulares circunstancias fan complexa a súa regulación e, por iso, consideramos imprescindible unha axeitada planificación xa que, como se deixou dito, a grande maioría perderon o seu carácter de viario convencional e acabaron convertidas en rúas ordinarias.De seguido, analizaranse as peculiaridades das estradas provinciais que atravesan Narón: Estrada DP-5402, denominada Avda. Souto Vizoso. Arrinca no Alto do Castiñeiro, en pleno casco urbano de Narón. Estrada DP-5406, denominada Estrada do Lodairo. Enlaza a anterior na zona da Faisca, discorre polo Lodairo e conecta parte do barrio de Piñeiros coa Estrada de Castela, outra vía totalmente urbana. Estrada DP-5403, parte do barrio da Gándara, o máis poboado de Narón, e atravésao ata chegar á Estrada de Castela. Cruza esta vía e continúa cara a Santa Icía, o segundo barrio máis poboado do Concello.

Ao tratarse dunha vía eminentemente urbana, xera un importante movemento peonil, que se ve severamente dificultado polo deficiente estado das beirarrúas. Estrada DP-5407, coñecida como Estrada do Feal. Une a zona urbana do Ponto co núcleo do Feal, esta estrada non foi incluída no PMUS e debería ser tida en consideración porque podería servir para reducir parcialmente o número de vehículos que percorren a Estrada de Castela dende o Ponto ata Freixeiro.Tras todo o anterior, e coa finalidade de facer máis racional e homoxénea a titularidade, o estado de conservación e dotación do viario provincial que atravesa o termo municipal de Narón, faise necesario formalizar un acordo entre a Deputación da Coruña e o Concello de Narón para incorporar ao PMUS as estradas provinciais. Por todo o anteriormente dito, solicito: Que o Concello de Narón e a Deputación da Coruña acorden a incorporación das estradas que se mencionan nesta alegación ao PMUS e firmen un convenio que recolla o programa de actuacións nelas, cun compromiso de execución non superior a 4 anos de xeito que se cumpra coa normativa de circulación e accesibilidade.    
 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo