CANCELAR
ACEPTAR

Partido Popular: Acondicionamiento e modernización da Estrada de Cedeira (AC-566)

José Francisco Faraldo Rodríguez 17 de agosto de 2022 01:09

As actuacións que se levaron a cabo neste treito foron de carácter puntual e non de fondo, a causa das especiais características e da complexidade da zona. Como xa ten sucedido noutros casos, o desenvolvemento da trama urbana dos últimos anos e o notable incremento de poboación do Concello así como a implantación de varios e importantes servizos na zona á que nos estamos a referir (institutos, supermercados e diversas empresas) supuxo que se transformase unha estrada inicialmente pensada como interurbana autonómica nunha rúa urbana máis. Posto que a Xunta xa ten trasladado en varias ocasión ao Concello de Narón a súa conformidade con que este treito da estrada AC-566 pase a ser de titularidade municipal, xa que ten unha funcionalidade e unhas características urbanas, o Concello debería de valorar as actuacións que considera necesarias e, no seu caso, debería incluílas entre as súas prioridades para subscribir os correspondentes convenios de colaboración entre a AXI e o concello e consignar as correspondentes dotacións orzamentarias. Consideramos que o cambio de titularidade beneficiaría aos veciños, aparte de por outras circunstancias, polo feito de deixar de aplicarse a normativa de estradas autonómicas e rexerse polas ordenanzas municipais. Nestes momentos existe unha boa oportunidade para acometer esas obras, que ven facilitada polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. O Concello de Narón debería ter en conta este instrumento para levar a cabo as melloras necesarias neste treito urbano. Dende o Partido Popular de Narón entendemos que ese debe ser o camiño que debe de seguir o concello e debe empezar canto antes. Para iso, o máis axeitado sería solicitar un cambio de titularidade a favor do Concello de Narón e que este aproveite a oportunidade que supón poder contar con financiación europea a través do programa “Axencia Urbana e Rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura” creado polo Goberno de España no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia fronte á pandemia.

 

Por todo o anterior, solicitamos incluír no PMUS:

 

1.- A solicitude formal á Xunta de Galicia da cesión da titularidade da Estrada AC-566 a favor do concello e a elaboración dun proxecto para unha actuación integral nesta vía incluíndo, de ser o caso, a renovación dos servizos (subministración de auga, saneamento, telecomunicacións, gas,...) e, sobre todo, incidindo na eliminación de barreiras arquitectónicas para darlle cumprimento á normativa de accesibilidade.

2.- Instar á Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para que apoie ao Concello de Narón na candidatura para obter fondos europeos do programa “Axencia Urbana e Rural,

loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura” no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.   
 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo