CANCELAR
ACEPTAR

Partido Popular: Plan de traballo pola mellora do Transporte público no Concello de Narón.

José Francisco Faraldo Rodríguez 17 de agosto de 2022 11:32
O transporte público de viaxeiros debería contribuír a solucionar as necesidades de mobilidade da cidadanía dun xeito moito máis sostible, proporcionar mellores conexións, permitir obter unha maior eficiencia no gasto público.O estado das paradas de autobuses en todo o termo municipal é dende lamentable ata inexistente, sobre todo na zona rural, por non falar da súa falta de homoxeneidade. Así, podemos atopar paradas cun metro de largo para que se deteña o autobús, paradas ocupadas polos novos colectores de recollida de residuos, paradas nas que o autobús ten que se deter en plena rúa, interrompendo a circulación para que suba ou baixe a pasaxe e, moitas delas, sen a sinalización obrigatoria.Punto aparte merece o tema do ferrocarril, somos dos poucos concellos que podemos presumir de ter dúas liñas de ferrocarril que discorren polo noso termo municipal (A liña Ferrol-Coruña e a liña Ferrol-Ortigueira). A pesar das numerosas queixas dos usuarios do servizo da antiga FEVE polo mal estado da infraestrutura, o concello non ten feito nada ao respecto. As deficiencias provocaban frecuentes retrasos e mesmo cancelacións de servizos, a ausencia de interventores nas viaxes, que permitía que a xente puidese subir as trens sen control e sen billete.Dende o concello non parecen ser conscientes de que a liña de vía estreita conectaba boa parte do termo municipal co centro da cidade de Ferrol en tempos moi aceptables (por exemplo, 5 minutos dende Santa Icía e 12 dende Xuvia). Pola súa situación podería tamén servir para aliviar de tráfico de vehículos a Estrada de Castela posto que dende Xuvia ata Ferrol, a liña discorre case paralela a esta. Cantos vehículos particulares non poderían deixar de circular pola Estrada de Castela se houbese un bo servizo de tren entre. Consideramos que esta liña podería ser importantísima para vertebrar o noso concello, achegando aos veciños do interior ao centro da cidade (hai un apeadoiro no Alto do Castiñeiro, próximo ao Concello e ao Centro de Saúde).O caso da liña Ferrol-Coruña é algo diferente posto que non conta con paradas no noso concello pero, se queremos apostar pola mobilidade sustentable pensamos que se debería traballar para lograr unha maior frecuencia entre Ferrol e A Coruña dunha banda e, doutra, solicitar a construción de apeadoiros na Gándara, na zona do Couto e, sobre todo, un intercambiador nunha zona próxima á Ponte das Cabras, lugar onde conflúen ambas liñas. Evidentemente, isto sería un plan a longo termo, pero se non se empeza nalgún momento, nunca se fará realidade. Por todo o anteriormente dito, propoñemos: Considerando que o transporte público de viaxeiros debería de contribuír a mellorar a mobilidade da cidadanía e a vertebrar o territorio, ademais de ser un elemento clave para reducir as emisións de CO2, solicitamos que o goberno de Narón realice o mantemento, a reparación e a adecuación das paradas e marquesiñas do transporte público e escolar en todo o termo municipal. Promover a posta en marcha do primeiro metro lixeiro de Galicia para mellorar as comunicacións entre os diferentes barrios de Narón e para acurtar as distancias cos concellos limítrofes de Fene, Ferrol e Neda. Trataríase dun proxecto que busca recuperar, potenciar e pór en valor infraestruturas xa existentes, pero cun funcionamento que pode ser moi mellorado, e a construción dunha estación na zona das Vivendas de Marina, lugar no que conflúen as dúas liñas de ferrocarril e novos apeadoiros. Levar a cabo un estudo para a creación dunha liña de autobuses circular no concello, tendo como punto de partida a zona de Odeón, na Gándara, e circulando pola Faísca, o Centro de Saúde, a Estrada de Castela cara o Ponto, Polígono Río do Pozo, Estrada de Cedeira, os institutos, Estrada de Castela ata a Avda. Santa Icía, Avda. Da Solaina, Rúa Martín Códax, Rúa Sisargas, Estrada FE-11 e Estrada da Gándara de regreso á saída na zona de Odeón. 
 
COMENTARIOS
Enviar
Cancelar
Guardar
Сomentario
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo