CANCELAR
ACEPTAR

Diversidade sexual e de xénero

Comisión Igualdade BNG 12 de noviembre de 2021 14:36
Incorporar a perspectiva de diversidade sexual e de xénero nas accións desenvolvidas polo Concello a través de estratexias dirixidas á atención da diversidade e a loita contra a LGTBfobia, proporcionando información e formación directa a través de charlas e coloquios.

Debe existir unha formación dirixida a profesionais (policía, psicoloxía, educadores sociais, traballadores sociais, sanidade, etc...) que lles permita ofrecer unha atención axeitada ás persoas que a demanden.

Fomentar a prevención, detección e protección en situacións de acoso por razóns de orientación sexual, identidade de xénero e diversidade sexual, e poñer en marcha estratexias para por isto en valor, potenciando unha educación afectiva e sexual libre de estereotipos sexistas, adaptadas ás idades e relacións. Amosando que a saúde sexual e reproductiva é fundamental.

Creación dun espazo de referencia onde a cidadanía poida ser informada sobre sexualidade e diversidade sexual e tamén asesorada, orientada e informada fronte a ataques LGTBfóbicos.
 
An error has occurred. Refresh the page and try again
Ha ocurrido un error mientras se cargaba el archivo. Por favor, intentelo de nuevo